PORTOMARIN CLUB DE FUTBOL
   
  PORTOMARIN CF
  NOTICIAS
 




NON PUIDO SER...

PORTOMARIN CF 2
SD BOVEDA 3

Ultimo partido da tempada e de novo derrota ante un dos mellores equipos da liga.
Unha vez mais a falta de acerto nos metros finais e os despistes defensivos propiciaron a enesima derrota no campionato de primeira rexional.

ASCENDEN AREXIONAL PREFERENTE: LEMOS, PARAMO
DESCENDEN A SEGUNDA REXIONAL : RIOTORTO VALADOURO , e por arrastres CABREIROS e PORTOMARIN.


O PORTOMARIN XA PENSA NA PROXIMA TEMPADA.

O equipo miñoto xa comezou a traballar na confeccion da plantilla para a vindeira campaña. Segun declaracions do seu presidente o obxetivo principal é o de manter o mesmo plantel para loitar polo ascenso; " a nosa intencion e de intentar que continuen todos os que forman parte agora mesmo da plantilla, queremos competir e intentar voltar a esta categoria da cal non merecemos baixar. Somos un equipo moi novo e con moita proxeccion,quizais pagamos a novatada, pero si seguen todos estou convencido que voltaremos.".
Logo de dous ascensos consecutivos esta temporada o Portomarin Cf vai a descender polos arrrastres de Preferente. foi complicado, tiñamos plantilla amplia pero as lesions fixeronos moito dano e tamen a falta de pegada arriba, fallamos moitisimo...por xogo e ocasions demostramos ser un dos mellores.
Un dos principais cambios que se poden producir é no banquillo. Logo de tres anos con Manu o fronte do equipo,todo parece indicar que esta sexa a sua ultima campaña..unha vez finalizada a competicion trataremos o tema do adestrador, Manu fixo un grandisimo traballo e queremos contar con el para moitos anos, pero quizais sexa dificil que continue.Vamos intentar que se quede,a sua implicacion é fundamental.
O presidente recoñece que alguns xogadores seran pretendidos por outros equipos pero confia en que continuen un ano mais para loitar polo ascenso...somos un grupo moi unido,con moita ambicion donde prima a amizade.Hoxe en dia é moi costoso manter un equipo e nós non podemos pagar cantidades que outros equipos ofrecen.O que teño claro e que non vamos hipotecar o clube nin prometer e logo non cumplir,como pasa en outros lados. Confio en que todos se impliquen no proxecto voltar a primeira para quedarnos.



SD PARAMO 3
PORTOMARIN CF 4

O Porto aplaza a festa do ascenso o equipo veciño. Ninguen esperaba que o equipo de Manu se fixera cos tres puntos pero logo do demostrado no terreo de xogo, foi xusto vencedor. Os locais sempre foron a remolque ante un equipo que demostrou unha vez mais que non merece descender.


 
  Desde 02/10/2009 46436 visitantes  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis