PORTOMARIN CLUB DE FUTBOL
   
  PORTOMARIN CF
  ANALISIS
 

XORNADA 28

SARRIA SD 1
PORTOMARIN CF 2

Valdo, Chantada, Nes, Gallego, Ruben, Celso, Pisos, Deco, Borja, Hugo, Cachon.
Tamen xogaron: Dani Lombardia, Brasil.

Chegaba o momento definitivo, a clave da liga, logo de 28 partidos so facia falta o ultimo empuxon......cumpriuse.
O sarria era colista con so duas vitorias e 102 goles en contra, pola contra o porto traia unha racha espectacular e con 58 puntos era terceiro con 18 vitorias e so 5 derrotas.
O Guntin tamen se xogaba o ascenso co Sagrado Corazon en Lugo , deberian gañar e esperar que o Porto empatara ou perdese. Os rumores sobre primas a terceiros eran cada vez mais claros, supostamente o Guntin daballe o Sarria 1000 euros e unha cea os xogadores. E que fixo o Sarria........ pois en vez de confiar nos seus xogadores, meteu a 5 xuvenis ( os cales van a xogar a fase de ascenso a liga galega) para intentar por todos os medios facerse coa prima. Dende logo e respetable que qixeran gañar pero a sua aptitude deixou moito que desexar, encarandose o publico de Portomarin que encheu as gradas ( e que pagaron 3 euros de entrada) ou non buscando balons , tratando de perder tempo.
O partido comezou con moitos nervos para  os de Portomarin, con un once no que habia 8 canteirans.
O Sarria mostraba as sua armas ofensivas e estivo a punto de abrir a lata se non fora por unha rapida intervencion de Rubenm na linea de meta. Para o Porto pouco mais que unha bolea de Borja que despexou ben o porteiro local.
Na segunda metade o porto cambiu de marcha e comezaron a crearse mais ocasions ata que no 25, Pisos culmina unha boa chegada pola esquerda, rematando a madia altura........delirio....pero os cinco minutos o sarria empata nunha xogada desgraciada dos visitantes. xusto nese momento as noticias que chegaban de lugo ern moi malas, o Guntin adiantabase o Sagrado Corazon, e asi esfumabase o ascenso. Pero, en vez de baixar os brazos o Porto continou metido no partido buscando a meta rival ata que no 40 chegalle un balon a Borja e ante a saida do porteiro, picoulle o balon.... agora si..... delirio........locura............sensacion incrible........
O soño cumpliuse, logo de unha tempada que comezou dificil e rematou con un titulo. Poucos confiaron en nos, somos poucos os que loitamops por este sono pero somos os mellores, os que mais amamos este deporte e e os unicos que entendemos o que siginifica defender un escudo.
GRACIAS a todos aqueles que nos axudastes................


Goles: Pisos e Borja

Destacados:

  • 1 Gallego
  • 1 Ruben
  • 1 Borja


XORNADA 27

PORTOMARIN CF 2
CD CORGO 0

Valdo, Chantada, Jose, Ivan, Ruben, Gallego, Pisos, Celso, Borja, Deco, Oscar.
Tamen xogaron: Cachon, Dani Lombardia, Nes e Brasil.

Ambente espectacular, gradas case cheas, bombos, afeccion presionando o rival, as gaitas de fondo, un ex-entrenador no equipo rival, pancartas de apoio..... pero os nervos notaronse no xogo. Pola taboa clasificatoria o rival non deberia de ser un problema pero ainda que non se xogaban nada, viñeron a arañar un punto. Continuas perdas de tempo, simulacions de faltas... fixeron que tanto na primeira metade como na segumda o desconto supuxera ata 10 minutos mais. Os minutos pasaban, o gol non chegaba e o que é peor, o xogo do equipo non era o de sempre.
Logo de varios rexeites, de un tiro o longeiro de Pisos, tivo que ser un central, Ivan, o que abriu o marcador con un disparo dende dentro da area que se colou pola escadra dereita do porteiro rival. Nese momento, extasis, invasion do campo, alegria desbordada, descontrol...... conclusion 2 expulsados. Inxusto, tiñan unha amarela e o arbitro sacalles os dous a segunda por perdida de tempo cando levabamos 90 minutos con continuas simulacions do rival. Quedamos con 9 e faltaba o desconto, pero chegou Celso que roubou un balon no medio e cabalga hacia dentro da area recortando a
todo aquel que lle sale o paso ata que cae e penalti. Pisos lanza e gol... 2 a 0 , tres puntos.

Goles: Ivan e Pisos

Destacados:

  • 1 Ivan
  • 1 Celso
  • 1 Pisos


XORNADA 26

PORTOMARIN CF 2
SD RUBIAN 1

Valdo, Chantada, Jose, Ivan, Ruben, Gallego, Pisos, Celso, Borja, Hugo, Oscar.
Tamen xogaron: Dani Lombardia, Deco, Nes, Cachon

Partido claramente dominado polo equipo local , sobre todo durante os primeiros 45 minutos, donde o marcador reflexaba un 2 a 0 que podia ser moito mas abultado. O primeiro gol chegaria nas botas de Gallego logo dun balon dividido dentro da area. Oscar ampliaria o marcador tras unha internada pola banda. Borja tivo duas claras ocasions pero o porteiro visitante estivo acertado.
Na segunda metade o Porto baixou os brazos e propiciou que no minuto 85 o Rubian acortara distancias cun lanzamento de falta directa, o seu unico lanzamento entre os tres paos.

Goles: Gallego e Oscar

Destacados:

  • 1 Ruben
  • 1 Gallego
  • 1 Pisos


XORNADA APRAZADA (16)

SD OURAL 1
PORTOMARIN CF 1

Valdo, Chantada, Jose, Ivan, Ruben,Dani Lombardia, Pisos, Celso, Borja, Hugo, Oscar.
Tamen xogaron: Gallego e Deco.

Partido dificil e con moitas ocasions para ambos equipos. O Oural xogabase 3 puntos vitais para poder engancharse o ascenso e  o Porto queria ampliar ventaxa cos seus perseguidores.
A pesar das multiples chegadas a ambas areas os goles non chegarian ata os ultimos minutos. Borja abria a lata no 85 pero os locais empatarian logo dun rexeite dentro da area no minuto 90.
Mal sabor de boca polos puntos perdidos pero resultado xusto polo demostrado por ambos conxuntos.

Goles: Borja

Destacados:

  • 1 Valdo
  • 1 Ivan
  • 1 Celso

XORNADA 25

CD GUNTIN 2
PORTOMARIN CF 3

Valdo, Chantada, Jose, Ivan, Ruben, Gallego, Pisos, Celso, Deco, Hugo, Oscar.
Tamen xogaron : Dani Lombardia, Borja e Cachon.

Vital vitoria para seguir no alto da clasificacion. O partido presentabase tenso polo moito que se xogaban os dous equipos. 
O partido comezou con un Portomarin dubitativo en defensa e o Guntin tivo claras ocasions para adiantarse pero Valdo estivo moi acertado. En cambio foron os visitantes quenes maracaron primeiro con un gol espectacular de Hugo, saque de esquina que entrou directo polo segundo pao. Os locais non tardarian en poñer as tablas no marcador, seria Ivan Campos con un remate de falta imposible para Valdo.
Na segunda metade continuaba a igualdade no marcador ata que nunha indecision de Ruben ante Valdo, deixaronlle o balon o dianteiro local para que introducira o balon a placer na porteria. Parecia que o soño remataba pero a entrada de Borja e Dani deron frescura o equipo para irse arriba e conseguir unha remontada que puido incluso ser mais abultada.Borja conseguiria o empate logo de unha boa internada na area e Oscar poñia o 2-3 final nunha internada parecida pola esquerda.

Goles: Hugo, Borja e Oscar.

Destacados:

  • 1 Valdo
  • 1 Hugo
  • 1 Oscar
XORNADA 24

PORTOMARIN CF 2
SG COMERCIAL   1

Valdo, Chantada, Jose, Ivan, Ruben, Dani Lombardia, Pisos, Celso, Deco, Hugo, Oscar.
Tamen xogaron: Cachon, Gallego, Nes, Brasil.

Partido da xornada, chegaba o lider e o Porto xogabase o continuar con opcions ou non.
O partido comezou de cara para os locais que no minuto 12 abria a lata logo de un disparo de Oscar dentro da area. Ata daquela, os primeiros minutos foron de tanteo, viase que habia moita tension polo que ambos se xogaban. Cos minutos a comercial intentou poñer en apuros a Valdo con varios disparos envenenados dende fora da area.
Na segunda metade o partido continuou igualado pero con mais chegadas para os visitante que serviron para que Valdo se lucira. Ata que no minuto 80 chega o empate, balon solto na frontal da area e remate imposible para o cancerbeiro.
O Porto en vez de virse abaixo, buscou con mais impetu a meta local e asi no 84 consegue o gol Hugo, logo dun roubo de Gallego no medio que meteu en profundidade para que Oscar centrara.
Vitoria importantisima para continuar soñando.

Goles: 1 Oscar e 1 Hugo

Destacados:
  • 1 Valdo
  • 1 Hugo
  • 1 Celso



XORNADA 23

GARABOLOS 2
PORTOMARIN CF 3

Javi, Nes, Jose, Ivan, Gallego, Dani Lombardia, Pisos, Celso, Borja, Hugo, Oscar.
Tamen xogaron; Deco, Ruben, Gerardo.

Vitoria importantisima despois dos resultados da xornada.
O partido comezou con un Garabolos hiperactivo, tratando de buscar a porteria de Javi rapidamente. O Porto pola contra comezou un pouco titubeante a hora de sacar o balon dende atras pero pouco a pouco foise situando e facendose o dono do partido.
 O primeiro gol de Borja chegaria nunha boa circulacion de balon, plantandose so diante do porteiro. Antes do descanso un atinado Oscar faria o segundo logo dun remate dentro da area.
Na segunda metade o Garabolos comezou como na primeira, achuchando, demostrando que o seu posto na clasificacion è un espexismo.
No 25 da segunda consegue marcar e logo no 35, empata tras un remate de corner imposible para Javi. A sua insistencia deu fruto. O Porto en lugar de baixar os brazos veuse arriba, e nunha demostracion de forza e valentia( mais ben a sorte), consegue, cun remate de cabeza de Borja no primeiro pao, a vitoria para continuar soñando co ascenso.

Goles : 2 Borja e 1 Oscar.

Destacados:

  • 1 Hugo
  • 1 Borja
  • 1 Oscar
XORNADA 22

PORTOMARIN CF 4
SP LUCENSE        0

Javi, Chanti, Jose, Ivan, Pisos, Dani Lombardia, Celso, Cachon, Borja, Deco, Oscar.
Tamen xogaron; Hugo, Gallego e Kike

Goles; 2 Borja,1 Hugo e 1 Oscar.

Destacados:
  • 2 Javi
  • 1 Borja


XORNADA 21

PORTOMARIN CF 1
FRIOL FC 0

Valdo, Chantada, Jose, Ivan, Ruben, Celso, Pisos, Cachon, Borja, Deco, Oscar.
Tamen xogaron; Dani lombardia, Kike, Gallego.

Obxetivo cumprido con moito sufrimento. O partido comezou con claro dominio local que dispuxo nas botas de Borja de ata 3 ocasions claras de abrir a lata pero o porteiro ou ben os resbalons finais o impedian. O Friol dispuxo dunha boa ocasion cun lanzamento de falta que desviou Valdo o traveseiro.
Na segunda metade o Friol continuaba co seu xogo con contragolpes rapidos pero sen finalizacion. O Porto comezou un tanto dormido ainad asi as ocasions sucedianse a balon parado. Cando todo parecia ser un inxusto empate, chegou o golazo de Oscar dende fora da area no minuto 88, tras unha boa deixada de Celso.
Tres puntos vitais ante un rival directo.

Goles: Oscar

Destacados:
  • Oscar 1
  • Ivan 1
  • Celso 1


XORNADA 20

SD ANTAS 2
PORTOMARINCF 1

Valdo, Nes, Gerarado, Ivan, Ruben, Celso, Pisos, Cachon, Deco, Hugo, Oscar.
Tamen xogaron: Kike, Gallego e Dani Lombardia.

Os tres puntos volaron.... comezou o partido bastante igualado, con ocasions aisladas ainda que mais claras para os locais. Ata que chegou a xogada tonta, saque de unha falta en corto na esquina da area e despiste xeral da zaga do Porto que permite coller ventaxa o rival. O cumulo de despropositos non acaba aqui cando minutos despois Nes saca baixo paos o balon pero ca man....penalti e expulsion.
A segunda metade supoñiase dura pero a verdade e que o Porto con un home menos, saiu enchufado buscando a remontada. Asi, nos primeiros minutos Hugo contou con 2 ocasions claras diante de Pallares que sacou a corner. O dominio do balon teria recompensa no min.75 co gol de Oscar. Logo xogada dudosa dentro da area por caida de Dani que o colexiado non se atreve a sinalar como penalti.
O final, perdida de tres puntos vitais para loitar polo ascenso. O unico positivo, o dominio na segunda metade con 10 homes. Merecemos mas.

Goles : Oscar

Destacados:

 
  • 1 Deco
  • 1 Pisos
  • 1 Oscar



XORNADA 19

PORTOMARIN CF 2
PRADEDA FC 1

Javi, Nes, Chantada, Ivan, Ruben, Jose, Pisos, Cachon, Borja, Deco,Oscar.
Tamen xogaron: Dani e Luna ( e casi entra Kike.....)

Chegaba o Pradeda o Chao Da Poza para facerlle frente  aun Portomarin mermado polas baixas. Pero o equipo miñoto soubo resolver ben o envite.
O Pradeda presentouse para non perder, cerrandose atras e desplegando un futbol duro con entradas de dudosa cor e animados no banco polo seu mister que acabou expulsado o pouco de comezar o partido. Asi a media hora Cachon saca un corner que o porteiro visitante, Carlos, non consegue atallar e o balon introducese na portreria. Antes de finalizar a primeira metade o Pradeda consegue empatar grazas a un penalti que so viu o arbitro ( e o entrenador visitante tamen). Ivan salta de cabeza por un balon mal despexado no pico da area grande e un xogador visitante, que salta con el, cae o chan.
Na segunda metade o Porto saiu a polo partido e tras dous man a man de Deco, a terceira foi a vencida e consegue o merecido gol da vitoria.
O proximo envite sera en Antas, un rival directo o que hai que gañar como sea.

Goles: 1 Cachon e 1 Deco
Destacados:
 

  • 2 Deco
  • 1 Jose


XORNADA 17

CHANTADA B 1
PORTOMARIN CF 3

Valdo, Nes, Jose, Ivan, Chantada, Celso, Pisos, Cachon, Borja, Hugo, Oscar
Tamen xogaron: Dani Lombardia, Deco, Dani.

Traballada vitoria a conseguida polo Porto en Chantada. O rival presentabase como un lobo con pel de cordeiro, con ganas de revancha polo resultado da primeira volta(4-1). O partido comezou con unhos primeiros minutos de tanteo donde o Chantada tiña o balon pero non creaba ocasions. Asi ata que no min. 15 chega a primeira ocasion do Porto con un tiro envenenado de Borja dende fora da area. Co paso dos minutos o dominio pasou a ser do bando visitante que comezou a elaborar boas xogadas de toque con finalizacions pouco afortunadas. Chegamos o descanso con 0-0 no marcador.
A segunda metade puxose de cara para o Porto co gol de Borja os 10 minutos. Pero os locais non baixaron os brazos e no que significou o seu unico disparo dentro dos tres paos conseguiu o empate no minuto 16.
A reaccion do Porto non pdia ser mellor e asi no minto 20 consegue adiantarse tras unha falta que saca pisos e remata Ivan. Dende aqui os locais subiron lineas para intentar empatar pero o Porto , nunha rapida contra cun pase de Deco a Oscar cosegue o 1-3 final.

Goles: 1 Borja, 1 Ivan 1 Oscar

Destacados: Gran lavor do equipo en conxunto.

  • 1 Borja
  • 1 Oscar
  • 1 Ivan

XORNADA 16

PORTOMARIN CF 3
RIO SIL 0

Valdo,Gerardo,Jose,Ruben,Ivan,Dani Lombardía,Pisos,Cachón,Deco,Hugo,Oscar.
Tamén xogaron:Borja,Luna,Gallego,Nes,Javi.

A afección voltou a disfrutar dunha fermosa victoria no Chao da Poza. A primeira metade,rematou sen goles,pero cun claro dominador,o cadro local,así DECO desaproveitou unha clarísima ocasión de gol,diante do porteiro.Na segunda metade o Rio Sil so puido aguantar o ataque local ata que no minuto 60 OSCAR abriu a lata.Logo chegarían os dous goles de HUGO e múltiples ocasións locais.

Goles: 2 Hugo e 1 Oscar

Destacados

  • 1 Hugo
  • 1 Deco
  • 1 Nes  



XORNADA 15

SAGRADO CORAZON 2
PORTOMARIN CF 0

Valdo,Nes,Gerado,Ivan,Ruben,Oscar,Pisos,
Cachon,Borja;Hugo,Celso
Tamen xogaron : Dani l. eDeco.

Derrota mercida do Porto que nunca tivo opcions para levar os tres puntos. A calidade e a boa forma fisica do rival foron claves para que o Porto nonm puidera desplegar o seu futbol.
Non baixar a cabeza e unha boa cura de humildade van afacer falta para levantar o equipo. Nestes momentos debemos de manternos xuntos para sair arriba.

Destacados:

  • 2 Valdo


XORNADA 14

PORTOMARIN CF 1
SARRIA SD 0

Javier, Gerardo, Jose, Ivan, Ruben, Cesar, Pisos, Cachon, Deco, Hugo, Celso.
Tamen xogaron: Luna, Oscar, Dani, Nes.

Fin da primeira volta con vitoria e a dous puntos do lider. O partido presentabase nun ambente frio e con pouca motivacion local. Estos erros de falta de concentracion contra equipos a priori inferiores, xa nos deron varios disgustos. O partido puxose de cara os 15m. cando Ivan, nova incorporacion, mete o gol logo de un centro pola banda dereita de Cachon. A partir de ahi o Sarria intentou chegar a porteria rival pero apenas inquietou, ploa contra o Porto parece que se dormia, o partido tiñao controlado pero tampouco creaba ocasions claras.
Na segunda metade mais do mesmo, futbol pouco vistoso. As ocasions foron mais claras, entre elas; Oscar falla un man a man co porteiro, Pisos lanza o longeiro, Celso na area pequena falla.
Os afeccionados foronse descontentos a pesar da vitoria. Esperaban goleada.

Goles: 1 Ivan

Destacados:

  • 1 Pisos
  • 1 Ivan
  • 1 Celso


XORNADA 13

CD CORGO 0
PORTOMARIN CF 2

Valdo, Jose, Nes, Gallego, Ruben, Manu, Deco, Cachon, Borja, Hugo, Celso.
Tamen xogaron: Luna, Kike.

Nova vitoria, que supon un golpe de efecto no equipo despois de unha semana complicada.
O partido plantexabase dificil, sen entrenador e con unha convocatoria de 14 xogadores.
Comezou o partido con 2 faltas en contra moi dudosas e con unha amarela a Nes que condicionaria o seu xogo. Pero pronto o Porto fixose dono do balon e comezaron aparecer as ocasions. Asi nunha xogada pola banda de Cachon chegoun o primeiro gol de Hugo, que poñia xustiza o xogo desplegado. Pouco despois nun lanzamento de falta chegaria o segundo por obra de Gallego de cabeza, remate impecable posto por Hugo tamen.
Na segunda metade o Porto continuo facendose dono do partido a pesar de que o Corgo intentou irse arriba non dispuxo de ocasins claras. Nas contras o Porto puido aumentar o marcador en 4 ocasins claras e incluso houbo tempo para a polemica nun clarisimo penalti do porteiro a Hugo que o colexiado non pitou.

Goles: 1 Hugo e 1 Gallego

Destacados:

  • 2 Hugo
  • 1 Deco

 


XORNADA 12

PORTOMARIN CF 1
CD GUNTIN 2

Valdo, Gerardo,Nes, Gallego, Ruben, Manu, Dani, Cachon, Borja, Pisos, Celso.
Tamen xogaron: Luna, Kike,Jose


Decepcion. Chegou o Guntin con forza e levouse os tres puntos.
Partido dificil polo estado do campo e porque os dous equipos se respetaban. Na primeira metade o Guntin tiña mais pegada e asi na sua segunda aproximacion consegue adiantarse con un gol en claro fora de xogo que incluso o arbitro dudou conceder. O Porto reccionou e os 10 minutos o porteiro visitante comete penalti sobre Borja. Pero a sorte era esquiva e Pisos falla, facendo unha tremenda parada Rafa. No minuto 38, conseguiria o empate Celso o cabecear de forma inapelable un corner botado por Cachon.
Na segunda metade mais do mesmo, primeiros minutos dormidos, ata que no minuto 75, xogada aislada do Guntin, fallo defensivo e gol . A partir de ahi, de novo o Porto intenta pero sin sorte. Varias ocasions pero as mais claras diante do porteiro foron as de Pisos e Kike, onde o balon pasa lambendo o poste.
O fin, nova derrota e duro reves para un equipo chamado a estar arriba.

Goles: Celso 1

Destacados:

  • 2 Celso
  • 1 Valdo



XORNADA 11

SG COMERCIAL 2
PORTOMARIN CF 2

Javi, Gerardo, Nes, Pisos, Cesar, Gallego, Celso, Cachon, Borja, Hugo, Deco. Tamen xogaron : Dani, Manu, Kike, Luna e Valdo.

Partido xogado nas gandaras contra unha Comercial agerrida e rapida no ataque. O Porto presentase con baixas de Ruben e Manu, que chegaria para a segunda metade, ocupando asi os postos de centrais Pisos e Cesar, este ultimo con problemas na rodilla dereita.
Na primeira metade adiantouse o equipo local aproveitando un rechaze de Javi e que Nes no soupo despexar. O Porto respondeu con ocasion de Hugo que non encontrou o fondo das redes.
Na segunda metade os 2 equipos soltaronse e as ocasions comenzaron a aparecer. Borja falla o empate diante do porteiro e a Comercial mete o segundo despois de un saque de banda onde o extremo lle gana o noso lateral e fusila a Valdo, que xogou na segunda metade. O Porto non se ven abaixo e consegue marcar o primeiro cun remate impresionante de Celso despois  dun centro de Hugo o segundo pao. A entrada de Kike tamen supuxo unha revolucion, e cosegue o empate despois dun balon dividido na area pequena comercialista. O mesmo xogador puido marcar o terceiro despois dun bo pase entre lineas de Hugo e tamen Cachon puido ter mellor sorte no lanzamento dunha falta na frontal.

Goles: Celso 1 e Kike 1

Destacados:

  • 1 Celso
  • 1 Kike
  • 1 Hugo


XORNADA 10

PORTOMARIN CF 3
GARABOLOS 0

Valdo, Gerardo, Nes, Gallego, Ruben, Manu, Pisos, Cachon, Borja, Hugo, Celso.
Tamen xogaron: Deco, Luna, Dani, Kike.

A tarde non podia ser peor, non paraba de caer auga e o campo, que ata o de agora estivo en boas condicions, parecia un barrizal. Estas premisas non eran boas para o futbol tecnico do Porto.
A primeira metade costou chegar a meta do Garabolos, o balon quedabase nas pozas e non se coseguia combinar e moito menos avanzar. Asi, destacar un tiro lonxano de Cachon e outro de Borja na area pequena.
A segunda metade cambiou un pouco, o Porto seguia dominando pero con mais pegada. E asi tras un potentisimo disparo de 40 metros de Manu que o porteiro despexou a corner, viria o primeiro gol de cabeza de Hugo que apareceu como por arte de maxia no segundo pao.
O segundo tamen seria de Hugo, picando o balon na saida do porteiro tras un bo pase  de Cachon. No minuto 80, Borja coseguiria o 3 definitivo despois de unha boa xogada persoal de Kike que entrou na segunda metade por Hugo.
O fin, vitoria comoda ante un rival que apenas chegou a porteria de Valdo e que aupa o Porto a 3 posicion.

Goles: Hugo 2  e Borja 1

Destacados:

  • 2 Hugo
  • 1 Gerardo


XORNADA 9

SP. LUCENSE 2
PORTOMARIN CF 2

Valdo, Luna, Jose, Cesar, Ruben, Gallego, Celso, Nes, Borja, Hugo,Cachon.
Tamen xogaron; Deco, Gerardo,Dani, Kike.

Peor partido da tempada ante un Lucense reforzado que nada ten que ver co de inicio de temporada. O equipo da capital loitou con mais corazon que cabeza conseguindo asi un punto.
O Porto en cambio empezou dormido e so despertou na segunda metade onde gozou de multiples ocasions pero o balon non quixo entrar.
Analizando os resultados da xornada temos que ter en conta que o Guntin perdeu e o Corgo empatou. Ambos tñen os mesmos partidos co Porto pero estase acercando a Comercial que ten un partido menos e esta a tres puntos.

Dende aqui facer unha chamada a trankilidade, queda moitisima liga eso dependemos de nos, os partidos que nos quedan son rivais directos e non cebemos fallar.Temos que acostumarnos a presion .Animo rapaces.


Goles: Borja 2

Destacados:

  • 2 Valdo
  • 1 Borja



XORNADA 8

PORTOMARIN CF 1
SD OURAL 4

Javier, Nes,Jose,Gallego,Ruben,Manu,Cesar,Cachon,Pisos,Borja,Celso
Tamen xogaron:Deco, Luna Kike,Dani,Valdo

Na primeira metade o porto pudo sentenciar con 4 claras ocasions diante do porteiro pero foi Cachon quen abriu a lata co lanzamento de falta.Pero chegou o mazazo no minuto 45 cando nun balon longo e tras varios erros o balon colase na porteria de Javi cae sen querer.
Na segunda metade  o Oura adiantase de novo tras un gol despois de varios rechaces na area pequena.O culmen veu cando expulsa a Celso inxustamente pois a primeira amarela era por unha falta que el non fixo.A partir de ahi o Porto baixa os brazos  e entrega o partido.

Goles : Cachon

Destacados:

  • 1 Cachon
  • 1 Cesar
  • 1 Pisos



XORNADA 7

FRIOL CF 2
PORTOMARIN CF 1

Javier, Nes, Jose,Cesar, Ruben, Gallego,Pisos,Cachon,Borja,Hugo,Celso.
Tamen xogaron: Deco, Luna, Ivan.

Partido malo o feito polo Porto en Friol. Ainda asi o cadro local atopuse con unha vitoris nos minutos finais grazas a un penalti que ningen viu so Garcia Pinal. Os xogadores locales sorprendidos tiveron a tua 2 oportunidades de materializar o penal. Pero non quedou ahi o esperpento, acaba expulsando a Hugo por doble carton por simular  caida dentro da area cando en ningun momento protesta.
pode parecer que estamos buscando excusas a derrota pero non e asi ,os propios contrarios o corroboran. A propia Garda Civil se sorprende da chamada do arbitro no descanso do partido cando non ocurriu ningun tipo de problema. quen crea os problemas e o propio0 arbitro. Vergonzoso.

Goles: Ivan

Destacados:

  • 1 Luna
  • 1 Chantada
  • 1 Gallego



XORNADA 6

PORTOMARIN CF 1
SD ANTAS              1

Valdo, Nes, Jose, Manu, Ruben,Cesar, Pisos, Cachon, Borja, Hugo, Celso.
Tamen xogaron: Gerardo, Luna e Kike.

A igualdade dominou os 90 minutos. Notabase que se estaba a xoagar o liderato e os dous equipos respetabanse.
Na primeira metade os de portomarin costaballes crear ocasions ainda asi estiveron a punto de adiantarse con varias accions de Borja e un remate de Jose que salvou Nando baixo paos. O Antas non chegou con claridade salvo con un tiro de Diego que tivo por resposta unha magnifica estirada de Valdo.
Na segunda metade mais do mesmo , o porto comezou dormido ata que cosegue o gol Borja despois dun tiro de Hugo que rechazou mal o porteiro. O Antas respondeu os dez minutos con un gol moi protestado por posible fora de xogo. O Porto tratou de levar a vitoria pero Pallares desvaratou os tiros de Celso, Borja e Hugo.
O fin empate que sabe a pouco pero que nos manten no liderato.

Goles: Borja

Destacados:

  • 2 Borja
  • 1 Nes



XORNADA 5

PRADEDA               1
PORTOMARIN CF 2

Valdo,Nes, Jose, Cesar,Ruben,Gallego,Celso,Pisos,Borja,Hugo,Cachon

Tamen xogaron: Gerardo, Luna, Kike , Luis.

Partido dificil nun campo que sempre se lle deu regular o Portomarin.
O equipo de Regueira comezou coma nos ultimos partidos, poñendose por diante na primeira media hora.
facendo un futbol vistoso e dulce o paladra dos afeccionados. Hugo e Borja seguen marcando a diferencia, e o descanso xa gañaban 0-2.
Na reanudacion, o Pradeda, ferido no seu orgullo trata de resarcirse utilizando a agresividade e consegue asi un gol imposible.
O porto responde com rapidas contras e clarisimas ocasions que tanto kike como celso non chegan a materializar.
o fin 1-2, seguimos lideres invictos e en solitario a espera do que faga o oural que tamen anda moi forte.

Goles : 1 Hugo e 1 Borja

Destacados :

  • 2 Borja
  • 1 Celso

XORNADA 4

PORTOMARIN CF 4
CHANTADA B         1

Javier,Nes,Gallego,Manu,Cesar,Cachon,Pisos,Borja,Hugo,Celso.

Tamen xogaron: Luna,Dani,Deco,Kike

O Porto fixose coa vitoria nun partido complicado.Consegue ademas colocarse lider despois do empate entre Antas e Guntin.
Os xogadores locais foronse o descanso con un tranquilizador 3-1, logo na segunda metade Hugo aumentaria o marcador deixando visto para sentencia o partido.

Goles: 2 Hugo, 1 Borja, 1 Celso

Destacados:

  • 2 Hugo
  • 1 Celso

XORNADA 3

RIO SIL 0
PORTOMARIN CF 3

Javier, Jose, Nes ,Cesar ,Ruben ,Gallego ,Ivan ,Pisos ,Borja ,Hugo ,Cachon.

Tamen xogaron ; Luna, Kike, Celso, Dani.

Partido dominado polo portomarin, que dispuxo de maiores ocasions para ampliar a sua victoria. Destacar os goles conseguidos por Borja , Hugo e Celso.

Destacados:

  • 2 puntos Hugo
  • 1 punto   Jose

                       

 
  Desde 02/10/2009 46414 visitantes  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis