PORTOMARIN CLUB DE FUTBOL
   
  PORTOMARIN CF
  Javi
 

Segunda entrevista da tempada, atopamonos aqui con unha das novas caras do Porto, ainda que de sobra coñecido en Portomarin como o rapaz do “andresiño” xD e ademáis xa militara nas categorías inferiores, sendo tan so un cativo de 10 anos que xa despuntaba na banda esquerda, “Javi” que tivo a amabilidade de atender as nosas preguntas...

 

 

 

> -Nombre completo

  Javier Pérez Sánchez

> -¿Posición?

 Lateral/ interior esquerdo

> -¿En qué posición preferirías xogar?

Pola banda estou cómodo, non me queixo

> -¿Cómo empezaches no mundo do fútbol?(traxectoria)

Coma todos, reclutáronme para o equipo de infantiles do Porto sendo alevín, foron anos moi duros pero bonitos.

> -Resumeme a túa traxectoria futbolística 

 Comecei curtíndome nas categorías inferiores do Portomarín, logo pasei polos infantiles, cadetes e xuvenís do Lugo. O ano pasado estiven na SD O Páramo e este ano volvín ás
orixes.

> -Se che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?

 Uns xogan para divertirse, outros viven del, moitos utilízano para desafogarse… Defínilo é difícil, voume quedar coa mítica “fútbol es fútbol” jejeje

> -¿cómo valoras esta temporada?

De momento positivamente, porque imos a máis e estou tranquilo porque non vimos ningún equipo que xogara mellor fútbol que o noso

> -A residencia saíu campión de liga en 2ª, ¿cres que foi xusto vencedor ou viches equipos máis fortes?

 Quizais foi o máis regular, que é o básico para ser campión dunha liga, sempre estuvo ahí.

> -¿Como ves o nível da categoria este ano?

Creo que a maioria de equipos teñen un nível moi parexo polo que vimos ata agora, aínda que o Lemos vai ascender de calle, teñen ó Marino.

> -¿Cómo te sintes no clube?

Moi a gusto, o equipo é unha piña, que é o principal antes de nada.

> -¿Como cres que se sinten contigo?

Están descubrindo que o das faltas era un mito

> -¿Obxectivos para esta tempada?

Manter a categoría, somos un grupo moi novo e sen experiencia na Primeira Rexional , estamos pagando a novatada, pero desde que o Ness entrou no once o equipo deu un salto de calidade.

 




> Moi persoal:

 


> UN COLOR

Azul

> UNHA COMIDA

Un  chorizo novo frito con patacas

> UNHA BEBIDA:

Coca Cola

> UN NUMERO

3

> UN EQUIPO

Real Madrid

> UN LIBRO

El Señor de Far Island

> UNHA PELICULA

Salvar al soldado Ryan

> UN XOGADOR PROFESIONAL

Roberto Carlos

> UN ADESTRADOR

El Sabio, Luis Aragonés

> UN HOBBIE

Dar una volta na bici

> UNHA MANIA

Suelo presinarme antes de empezar os partidos, aínda que Don Antonio non sei si me conocerá.

> UN GOL

Un de Denis Bergkamp, que fai un autopase increíble   http://www.youtube.com/watch?v=WDMTNN0tmL0

> TEU MELLOR GOL:

 Unha falta que lle metín ó Laracha co Páramo. Perdíamos 1-2 no 92 con 10 xogadores, no 93 empatámoslles e no 94 entrou a falta. Creo foi a única vez que chorei no fútbol.

> O PARTIDO DO QUE MELLOR RECORDO TES

O dia que ascendimos os xuvenís do Lugo a División de Honra

> O PARTIDO DO QUE PEOR RECORDO TES

O día que  descendimos

> O MELLOR XOGADOR CO QUE XOGACHES

Sólo xoguei uns 7 ou 8 partidos con él , pero Joselu ,o que xoga agora no Castilla.

> O MELLOR COMPAÑEIRO DE VESTIARIO

Quizais Javi Pita, gran porteiro e mellor persoa

> UNHA ANECDOTA QUE NUNCA ESQUECERAS

Dous borrachos saltando desnudos ao campo, sin parar de correr e de bailar.

> ERES XOGADOR PORQUE..

O fútbol é unha diversión bárbara.

> O MELLOR DE SER XOGADOR É...

Ver que os esforzos merecen a pena

> E O PEOR...

Querer e non poder, coma todo na vida penso eu.

> UN RECORDO

Para o primeiro partido de infantiles, eu non tiña botas,e o dia anterior estúvenlle repetindo ao Naviñeiro a talla das botas, que non se olvidara… estaba que non cagaba. Debutei cunhas Lotto verdes da talla 36.

> UN SOÑO:

 Ver ao Portomarín como un referente provincial, creo que hai potencial pa conseguilo

> UNHA FRASE

No Chao da Poza oíronse grandes frases para a historia, como “¿Por qué non fas que tropezas e ma chupas?”, pero quédome con “Diasssss….. Está o campo po Luna!!!” , gran chascarrillo que sempre soltaba o noso querido Rogelio cando o Luna iba salir ó campo, estuvera como estuvera, chovera ou quentara o sol. 

 
 
  Desde 02/10/2009 49926 visitantes  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis