UN RAIO DE ESPERANZA:
CD Castro 1-3 Portomarín (Hugo,Ivan,Oscar)
POR FIN!! Así se podería titular está crónica, pero prefiro falar de esperanza, de creer, de pensar que ainda temos unha oportunidade de acadar o obxetivo, de aferrarnos a manter a categoría, algo que nos costou tanto acadar, non o podemos perder tan pronto..non podemos baixar os brazos...e iso precisamente é o que non fixo onte o Porto, ó contrario loitou ata o ultimo intre de partido e sí "por fin" conseguiu a ansiada victoria, unha victoria que esperemos que sexa un punto de inflexión, un punto de partida dunha senda de victorias que nos permitan conseguir o obxetivo..
Con esta mentalidade presentabanse os branquiazuis ante unha das últimas oportunidades de aferrarse a primeira rexional. Empezaba ben o partido cun Porto moi combinativo en ataque trenzando boas xogadas e nunha delas chegaría o gol, un bo pase de oscar que deixaba só a Hugo para que cun regate "marca da casa" batise ó porteiro local e fixera o primeiro para o conxunto "miñoto". Tras o gol o Porto fixose dono e señor do partido e dispuxo de ocasións para aumentar a renta, sobre todo unha de josito pero os visitantes non acertaron e foi o Castro quen folpeu por medio dunha boa xogada do interior esquerdo dos locais que repeleu ben valdo pero no rechace os locais empataban o partido, quizais un castigo excesivo ata ese momento e así chegaría o fin a primeira metade...
Na segunda metade o partido foi máis igualado ata que o Porto nunha xogada a balón parado consegue desfacer o empate por medio de Ivan, que inauguraba así a sua conta particular este ano, e poñía os visitantes por diante no marcador cando faltaban pouco máis de 20 minutos para o final, os de Manu en lugar de defender o resultado tentaron aumentar a renda e 2 minutos maís tarde conseguirían o gol da tranquiladade tras unha xogada afortunada chea de rechaces, que tras ser repelida polo longueiro, remacharía oscar para facer o 1-3 definitivo e o se úndecimo gol na tempada. Os últimos minutos non tiveron moita historia simplemente esperar o ansiado pitido final para volver a disfrutar dunha victoria que esperemos que sirva para levantar o ánimo e cambiar a racha...
-ÁNIMO EQUIPO-
Xogaron no
PORTO:
VALDO
PITUFO<---> NESS
JAVI
FABIO
IVAN
CELSO
JOSITO
ISAAC <---> CACHÓN
RAÚL <---> DANI
HUGO
OSCAR
Marcaron polo
PORTO:
HUGO, tras un bo pase de Oscar, regatea o porteiro e marca a porta vacía.
IVAN, marca a placer tras un rechace na área.
OSCAR, marca de cabeza o seu úndecimo gol da tempada..
Destcaron no
PORTO:
HUGO, pouco a pouco está a recuperar a forma e iso notase no xogo do equipo e recupera sensacións cun gran gol.
CELSO, gran labor no centro do campo, o equipo necesitao e él ainda pode dar algo maís. .
IVAN, un muro en defensa e marcou o gol da victoria.
*
PERO SOBRE TODO DESTACAR A BOA ACTUACIÓN EN LINEAS XERAIS DE TODO O EQUIPO*.