TRES PUNTOS DE OURO. PORTOMARÍN 2 - 1 VALADOURO
Vaia nervios os que se viviron este domingo no Chao da Poza!
Xa quedaba lonxe o triunfo do Porto no debut na Primeira Autónomica, xa eran moitas xornadas sen coñecer a victoria...e por fin chegou, tres puntos importantes de cara a escalar posicións na clasificación e gañar confianza para afrontar a recta final da primeira volta.
Xa viñan sendo varias as xornadas nas que o Portomarín viña mostrando un bo xogo e marcando goles pero non acababa de chegar esa victoria que servira de punto de inflexión...ata este domingo.
Saíron os dous contrincantes ao terreo de xogo cos papeis ben distribuídos: o Porto ao ataque, buscando o gol desde os primeiros compases; e o Valadouro defendéndose e intentando buscar a súa oportunidade á contra.
Non tardou en chegar o primeiro gol para os locais por medio dun remate de Pisos tras unha confusa xogada na área na que os xogadores branquiazuis reclamaran previaente un gol fantasma de Celso. Atopaba así o Porto o xusto premio á súa aposta valiente.
Puido aumentar a súa renta o Portomarín con varias oportunidades de gol, sobre todo un balón que Javi non atinou a coar na portería cando o tiña todo a favor.
Tras todo este caudal de xogo mostrado polos locais, en ocasións brillante, ninguén podía presaxiar que os visitantes puidesen empatar o encontro... pois así foi, nunha xogada illada, o Valadouro conseguiu poñer as táboas no marcador e chegar ao descanso co partido empatado, máis premio do que, tal e como ía o encontro, podían soñar.
A historia do segundo tempo foi similar á do primeiro: os de Manu volcados sobre a área do Valadouro, intentando unha e outra vez desequilibrar o partido. Pero os minutos caían como lousas sobre os xogadores locais e os nervios eran cada vez máis fortes porque o gol non acababa de chegar.
Foi xa no tempo de desconto cando nunha gran xogada de Josito pola parte dereita, éste conseguiu sacar un servicio perfecto para que Javi puxera de cabeza o gol da victoria. O capitán conseguía así o seu segundo gol da tempada e sacarse a espiña do seu fallo no primeiro tempo.
Tres puntos vitais e a segunda victoria do Porto nesta aventura en Primeira Autonómica, segunda de moitas.
Xogaron no
PORTO:
VALDO
NESS <---> SITO
IVÁN
PLÁCIDO
PITUFO <---> CHANTADA
JOSITO
PISOS
JAVI
ÓSCAR
CELSO <---> DANI
MARCOS <---> LUISMI
Marcaron polo
PORTO:
PISOS, tras unha xogada confusa na área do Valadouro.
JAVI, de cabeza tras un gran centro de Josito.
Destcaron no
PORTO:
JAVI, levou perigo en todo momento pola banda esquerda e anotou o gol do triunfo.
PISOS, abriu a lata e fixo un gran derroche físico no medio do campo.
JOSITO, propiciou o gol de Javi cun gran centro e fixo unha gran labor por diante dos centrais.