SEGUIR SUMANDO: PORTOMARÍN 2-2 PASTORICENSE
O Portomarín CF confirmou este domingo a súa melloría cunha segunda parte moi positiva que lle serviu para colleitar un valioso empate ante un duro rival máis ainda tendo en conta que os locais se foron ao descanso cun marcador de 0-2 en contra.
O choque comezou cun Porto valiente que intentou xogar o balón desde os primeiros compases do partido ante un rocoso adversario que fixo dos balóns en longo e do seu poderío aéreo a súa mellor arma. Froito desta superioridade por alto chegaron algunhas das mellores oportunidades para o Pastoricense que puxeron en serias dificultades á zaga branquiazul. A partir destas situacións de perigo para os visitantes, o Portomarín comezou a perder o mando do partido e o Pastoricense foise sentindo máis cómodo no campo. Tanto foi así que os visitantes converteron 2 tantos ao filo do intermedio froito de sendas xogadas a balón parado, pero puido ser peor se non fora porque o porteiro local, Valdo detivo unha pena máxima no último minuto do primeiro tempo.
Foi precisamente esa acción a que expoleou aos locais que saíron desde o primeiro minuto da segunda metade dispostos a ir a polo partido a pesar da desventaxa que imperaba no marcador. Así, fóronse sucedendo os ataques do Portomarín, a cal máis perigoso, polo que só era cuestión de tempo que comezaran a chegar os goles. Entón foi cando os locais recortaron distancias por medio de Celso tras cabecear un saque de esquina. O Porto creu na remontada e seguiu co seu asedio sobre a portería rival con varias ocasións de perigo especialmente un lanzamento de falta executado por Javi que sacou un defensor rival sobre a liña de gol. As táboas chegarían pouco despois mercede a un man a man perfectamente resolto por Sito ante a salida do porteiro do Pastoricense.
Punto moi positivo o colleitado polo Portomarín, non só polo feito do punto senon polo espíritu mostrado e polo potencial do equipo que se puido entrever en diversas fases do encontro.
Formaron no PORTO:
VALDO
FABIO
IVÁN
NESS
PISOS
DANIEL <---> CACHÓN
CELSO
JOSITO
SITO <---> HUGO SÁNCHEZ
JAVI
ÓSCAR
Anotaron:
CELSO
SITO
Destacaron:
VALDO, por protagonizar boas intervencións e deter o penalti que lle deu ás ao Porto.
CELSO, por anotar un gran gol e facer unha gran segunda metade.
SITO, pola súa entrega e ademáis anotar o gol do empate.
|