MALA FORTUNA: PORTOMARÍN 0 - 1 XERMADE
A racha de resultados negativos do Portomarín CF tivo na tarde do domingo un novo episodio, esta ocasión marcado pola mala sorte do conxunto branquiazul, que non foi capaz de anotar ningún gol a pesar das múltiples aproximacións sobre o marco do Xermade.
Saíu o Porto ao campo con ganas de confirmar a melloría no seu xogo mostrada nas últimas xornadas e culminala esta vez acadando os tres puntos. Tanto foi así que non tardaron os de Manu en facerse co control do esférico tirando de orden e oficio, tocando sen presa á espera do mellor momento para facer dano. Con este escenario só era cuestión de tempo que o Porto comezara a crear perigo e así foi, sobre todo mediante as internadas de Javi pola banda esquerda. Sen embargo esa sensación de perigo non se concretaba en claras ocasións de gol salvo por algunha xogada illada. Así morreu a primeira parte na que o Porto impuxo o seu xogo polo que nada podía presaxiar o que ía ocorrer.
O segundo tempo comezou coa mesma tónica do primeiro, un Portomarín valente e un Xermade agardando a súa oportunidade para facer dano, e vaia se o fixo. Aos poucos minutos de principiar o segundo acto, unha xogada desafortunada na zaga do Porto supuxo o primeiro tanto do encontro; o Xermade adiantábase sen merecelo e o Portomarín víase obrigado a remar contracorrente unha vez máis. Pero os branquiazuis non se viñeron abaixo e tentaron ir a pola igualada sen dubidar; reaccionou o míster introducindo no campo dous homes de ataque como Marcos e Luismi na busca dese gol que nunca chegaría. E nunca chegaría a pesar da infinidade de oportunidades por parte dos locais: un par de disparos de Pisos, algún remate de Javi con perigo incluído un testarazo á cruceta... parecía imposible que o Porto fora sair derrotado pero así foi.
Dura derrota que ven a agravar a situación do Portomarín na táboa clasificatoria, sen embargo hai que quedarse co lado positivo e seguir sendo valentes na procura deses tres puntos que cambien a tendencia negativa e que sen dúbida o Portomarín necesita como auga de Maio.
Participaron no Portomarín CF:
VALDO
NESS
IVÁN
PISOS
FABIO
CELSO
JOSITO
DANI <--------> LUISMI
CACHÓN <--------> MARCOS
JAVI
ÓSCAR <--------> HUGO SÁNCHEZ
Destacaron no Porto:
FABIO, moi seguro atrás.
PISOS, omnipresente en tódalas percelas, chegou con perigo.
JAVI, levou perigo con cada unha das súas internadas pola esquerda, tivo o empate no último momento.
|